Categorías
Dereito de consumo

ESTÉTICA DEFECTUOSA

Hoxe – excepcionalmente – queremos abordar una Sentencia de primeira instancia, dictada o 2 de novembro de 2021 por un Xuzgado de Cádiz. Curiosamente, hai colgada unha copia no seguinte enlace do colexio de avogados de Oviedo SENTENCIA CONDENA ALLERGAN IMPLANTE MAMARIO RUGOSO.pdf (icaoviedo.es) Na prensa especializada tamén se fala da resolución, pois parece que é a primeira que se dicta en relación con este fabricante.

Aínda que non é o máis recomendable comentar Sentencias que non son firmes, quería facer unha excepción para suliñar a paradoxa que encerra un pronunciamento que declara defectuosas unhas próteses mamarias implantadas precisamente para mellorar unha imperfección ou defecto estético.

En calquera caso, o carácter defectuoso das próteses non foi unha cuestión menor, senón que deriva da aparición de líquido periprotésico nunha das mamas e do conseguinte diagnóstico dun linfoma anaplásico de células grandes (LACG) asociado ó implante mamario. As próteses tamén foron extraídas.

A pesar dos descargos da compañía fabricante Allergan, a cal, entre outros argumentos, alegaba que non está demostrado científicamente que a etioloxía do LACG descanse de forma exclusiva nas próteses implantadas (senón que hai outros moitos factores a ter en conta), o Xuzgado concluiu que os productos controvertidos non cumplían cos requisitos de seguridade que establece o artigo 137.1 TRLGDCU e, polo tanto, teñen que ser reputados como defectuosos.

No plano indemnizatorio, a Maxistrada amosouse bastante salomónica ó conceder unha indemnización de tan solo €38k, cando a actora reclamaba €124k en aplicación dos baremos da Ley de Responsabilidad Civil e Seguro na Circulación de Vehículos de Motor.

Seguramente as partes non se conformen e plantexen o correspondentes recursos de apelación (venme a cabeza o asunto do fármaco talidomida que chegou o TS). Seguiremos atentos ós acontecementos por se hai recurso ou por se trascenden novos casos.

Francelos, 19 de novembro de 2021

Categorías
Dereito de consumo

CONDICIÓNS XERAIS DA CONTRACIÓN (DE RYANAIR): ALGUNHAS SON NULAS E OUTRAS NON

Introducción

Para o estreo deste blog imos tratar de desentrañar unha sentencia moi apropiada para as datas estiváis que transitamos, nas que nos prodigamos en viaxar por terra, mar e aire. Queremos comentar unha sentencia do Tribunal Supremo (TS) que analiza algunhas das cláusulas máis controvertidas das condicións xerais da contratación da compañía aérea irlandesa RYANAIR. Trátase da sentencia dictada o pasado 20 de xullo de 2021 no marco dunha acción colectiva declarativa de nulidade e de cesación entablada pola asociación de consumidores OCU. O datos Roj da sentencia son os seguintes: STS 3073/2021 – ECLI:ES:TS:2021:3073.

Cuestións conexas

Ademáis do interese xurídico que poida suscitar esta resolución, a mesma goza do atractivo engadido de abordar unha serie de estipulacións ben coñecidas por todo viaxeiro low que se precie (entre os que me incluo). No meu caso particular, a presencia de RYANAIR como parte demandada tamén evoca unha serie de pronunciamientos dictados fai xa algúns aniños no conflicto entre a debandita liña aérea e varias axencias de viaxes online como EDREAMS ou RUMBO. Por motivos que non veñen ó caso, estiven bastante pendiente daquel asunto no que RYANAIR invocaba dereitos sui generis sobre unha pretendida base de datos conformada pola información dos vos que ofertaba na súa páxina web. RYANAIR entendía que o acceso a esta información mediante o barrido de datos coa técnica “screen scraping” constituía unha vulneración dos seus dereitos de propiedade intelectual. Pero, a pesares da esgotar todas as instancias posibles, RYANAIR non foi quén de obter recoñecemento da súa postura, principalmente porque os Tribunais entenderon que a información dos vos de RYANAIR non eran datos preexistentens obxeto de posterior recopilación nunha base de datos, senón información xerada polo software de RYANAIR no momento da búsqueda efectuada polos usuarios da páxina web, coa conseguinte exclusión da tutela das normas de propiedade intelectual.

Contido da sentencia obxeto de análise

Na sentencia que nos ocupa hoxe o debate é diferente. Nesta ocasión o cometido do TS era analizar a legalidade dalgunhas das cláusulas das condicións xerais de transporte que aplica RYANAIR nos vos que organiza. O resultado é variopinto. A sentencia en cuestión contén pronunciamientos revocatorios (que decretan a nulidade de cláusulas abusivas que a Audiencia Provincial considerara conformes á dereito) e tamén confirmatorios das decisións adoptadas en fase de apelación (algunhas determinantes de nulidade e outras non). Vaiamos por partes.

Pronunciamentos revocatorios determinantes de nulidade

  • Cláusula de sumisión ó dereito irlandés

A pesar de que o artigo 5 do Reglamento Roma I permite a sumisión dun contrato de transporte de viaxeiros á normativa que escollan as partes, o TS rectifica o criterio da Audiencia Provincial ó constatar que a aplicación do dereito irlandés ten como resultado a obstaculización do normal exericio dos dereitos dos consumidores (que se ven obligados a indagar sobre o a ley irlandesa para coñecer o seus dereitos e obrigas e a probar o seu contido e vixencia nunha hipotética reclamación xudicial).

Para chegar a esta conclusión o TS invoca algunhas resolucións do Tribunal de Xustiza da UE, sinaladamente a sentencia dictada o 18 de noviembre de 2020, no asunto C-519/19, Ryanair DAC e DelayFix, que dispuxo que a Directiva 93/13, sobre cláusulas abusivas en contratos celebrados con consumidores, constitúe unha norma xeral de protección dos consumidores que se aplica en todos os sectores, incluido o do transporte aéreo. A debandita sentencia resulta aplicable a pesares de se referir a unha cláusula atributiva de competencia (e non a unha cláusula de elección de ley aplicable coma no presente suposto) pois o Reglamento Bruselas I Bis sobre competencia xudicial regula o contrato de transporte ó marxe dos contratos con consumidores, igual que o Reglamento Roma I sobre ley aplicable que vimos manexando nós.

  • Transporte do equipaxe en vo distinto

Tal como estaban configuradas, as condicións xerais de RYANAIR permítenlle a compañía enviar o equipaxe dun viaxerio nun vo distinto por motivos de seguridade ou de operatividade. O TS recoñece que poder haber circunstancias que xustifiquen que o pasaxeiro e o seu equipaxe viaxen separados. Si embargo, neste caso non resulta admisible porque a cláusula é tan xenérica que queda a enteira vontade do transportista desplazar o equipaxe facturado no mesmo vo que o pasaxeiro. Noutras palabras, non é dable que a liña aérea poida decidir de forma unilateral sobre o destino da equipaxe dos viaxeiros.

Pronunciamentos confirmatorios determinantes de nulidade

  • Cargo por reimpresión da tarxeta de embarque

Como sabemos algúns, RYANAIR aplica un recargo de 40€ a aqueles pasaxeiros que non leven consigo a tarxeta de embarque impresa nunha folla de tamaño A4. A Audiencia Provincial dictaminara en sede de apelación que este cargo – de natureza indemnizatoria – era desproporcionado. Pola súa banda o TS confirmou tanto o carácter indemnizatorio (incluso sancionador) do recargo como a ausencia de proporción, pero sin entrar a valorar esta última cuestión por ser un aspecto axeno á casación (na instancia inferior RYANAIR non chegou a acreditar que o importe do cargo se corresponda cos danos e perxuizos efectivamente sufridos).

  • Denegación do transporte

Tampouco prosperaron os descargos de RYANAIR sobre a abusividade decretada con respecto a facultade de denegar o transporte por seguridade ou incluso por outros motivos. Razona o TS que a denegación do transporte non está suficientemente fundamentada ou explicitada o que equivale a deixar o cumplimento do contrato o arbitrio do transportista (o razonamento ven sendo similar ó empregado no tema do transporte do equipaxe en vo diferente ó do viaxeiro).

  • Rexistro da equipaxe

A facultada de rexistrar a equipaxe non supera o filtro de abusividade principalmente porque a cláusula en cuestión non contempla a participación das autoridades realmente habilitadas para levar a cabo este cometido.

  • Transaccións en efectivo

Por último o TS sanciona coa nulidade a negativa de RYANAIR a admitir pagos en efectivo para sufragar as tarifas aéreas, tasas e recargos. Sostén o máis alto Tribunal que semellante provisión equivale, en última instancia, a despoxar ó diñeiro en efectivo da consideración de medio de pago de “curso legal”.

Pronunciamentos confirmatorios que descartan a nulidade

  • Contido da equipaxe

A cláusula en cuestión prohíbe a inclusión na equipaxe facturada de obxetos de valor coma os cartos, as xoias ou os ordenadores. Ademáis RYANAIR tampoco se fai cargo da pérdida ou dos danos sufridos nos debanditos enseres.

Segundo o TS, as restriccións dispostas por RYANAIR están xustificadas polo esixente réxime de responsabilidade que recae na compañía aérea no tocante o equipaxe facturado, e tamén porque, en ultima instancia, estas limitacións están relacionadas con precio do billete que pode ser fixado libremente polo transportista.

  • Cargo por reservas

RYANAIR ten establecido un cargo de administración de 6 euros para todas aquelas reservas que non se paguen mediante a tarxeta promovida por la compañía aérea. Alegaba a OCU que este recargo implicaba un desplazamiento ó consumidor de gastos de tramitación que lle corresponden ó transportista. Sin embargo, para o TS non existe tal desplazamiento senón sinxelamente o traslado lícito do custo do sistema de reservas. E a exención do cargo da que disfrutan os clientes que usan a tarxeta patrocinada pola compañía ven a ser un desconto promocional relacionado cun suplemento opcional do precio contemplado no artigo 23.1 Reglamento 1008/2008.

  • Cargo por retraso ou cancelación

O principal reproche da OCU era que este recargo resulta inintelixible para os usuarios pois nin tan sequere consta no condicionado xeral e ademáis enmascárase como parte do precio. O TS non aprecia vulneración algunha do requisito de transparencia pois é posible coñecer sin especiais dificultades este concepto a partir da información proporcionada na propia web, da que se desprende que o cargo non se corresponde cunha prestación accesoria senón que forma parte indisociable do precio do billete.

Consecuencias prácticas

Sin perxuicio da correspondente inscripción no rexistro de condicións xerais da contratación, a sentencia que acabamos de revisar parece que xa tivo reflexo nas condicións de contratación que están “colgadas” na web de RYANAIR. Salvo erro do que suscribe, o recargo por reimpresión da tarxeta de embarque sufriu unha significativa rebaixa, pasou de 40€ a 20€. Revisaremos outras estipulacións, a ver se seguen esta liña.

Francelos, 13 de agosto de 2021