Hoxe – excepcionalmente – queremos abordar una Sentencia de primeira instancia, dictada o 2 de novembro de 2021 por un Xuzgado de Cádiz. Curiosamente, hai colgada unha copia no seguinte enlace do colexio de avogados de Oviedo SENTENCIA CONDENA ALLERGAN IMPLANTE MAMARIO RUGOSO.pdf (icaoviedo.es) Na prensa especializada tamén se fala da resolución, pois parece que é a primeira que se dicta en relación con este fabricante.
Aínda que non é o máis recomendable comentar Sentencias que non son firmes, quería facer unha excepción para suliñar a paradoxa que encerra un pronunciamento que declara defectuosas unhas próteses mamarias implantadas precisamente para mellorar unha imperfección ou defecto estético.
En calquera caso, o carácter defectuoso das próteses non foi unha cuestión menor, senón que deriva da aparición de líquido periprotésico nunha das mamas e do conseguinte diagnóstico dun linfoma anaplásico de células grandes (LACG) asociado ó implante mamario. As próteses tamén foron extraídas.
A pesar dos descargos da compañía fabricante Allergan, a cal, entre outros argumentos, alegaba que non está demostrado científicamente que a etioloxía do LACG descanse de forma exclusiva nas próteses implantadas (senón que hai outros moitos factores a ter en conta), o Xuzgado concluiu que os productos controvertidos non cumplían cos requisitos de seguridade que establece o artigo 137.1 TRLGDCU e, polo tanto, teñen que ser reputados como defectuosos.
No plano indemnizatorio, a Maxistrada amosouse bastante salomónica ó conceder unha indemnización de tan solo €38k, cando a actora reclamaba €124k en aplicación dos baremos da Ley de Responsabilidad Civil e Seguro na Circulación de Vehículos de Motor.
Seguramente as partes non se conformen e plantexen o correspondentes recursos de apelación (venme a cabeza o asunto do fármaco talidomida que chegou o TS). Seguiremos atentos ós acontecementos por se hai recurso ou por se trascenden novos casos.
Francelos, 19 de novembro de 2021