Fai case un ano (concretamente o 19 de novembro de 2021) comentábamos a primeira Sentenza condenatoria recaída contra o laboratorio americano Allergan pola fabricación de certos implantes mamarios que se revelaron defectuosos. A resolución establecía unha indemnización a favor da actora duns 38k euros.
Pois ven, a Audiencia Provincial de Cádiz ven de ratificar en todos os seus extremos o debandinto pronunciamento, desestimando deste xeito o recurso de apelación plantexado pola compañía demandada. Finalmente a parte demandante no formulou recurso a pesares da significativa rebaixa que sufriran as súas aspiracións económicas (inicialmente cifradas en 124k euros).
A Sentenza de apelación pódese consultar neste link do colexio de avogados de Oviedo: http://icaoviedo.es/res/comun/biblioteca/4607/AP%20CADIZ.pdf
Ó parecer non se trata da única controversia surxida sobre este producto. Según informa a OCU na súa páxina web, a referida asociacón presentou unha solicitude de dilixencias preliminares para preparar unha futura demanda colectiva contra a empresa americana. Seguiremos con atención como se desenvolven os acontecementos.
Barcia, a 17 de novembro de 2022