Categorías
O agro

DAME VENENO QUE QUERO MORRER

Nin teño ideacións suicidas nin sinto devoción pola música dos chunguitos. Así e todo, estos últimos días leva retumbando con forza na miña cabeza este sinistro estribillo.

Foi a raiz dunha fugaz visita a unha viña que estou tentando recuperar despois de varios anos sumida no máis absoluto dos abandonos. Hai algúns día levanteime con gañas de recuperar o terreo cedido frente ó fento e a meleza. Inxenuo de min, non me imaxinamaba que o meu verdadeiro inimigo non era a desmedida vexetación que se apoderara do predio do meu pai. O antagonista principal resultaron ser os meus con-veciños, sorprendentemente enrocados nun ímpetu crítico de tintes negacionistas que non podo entender.

A mensaxe foi demoledora. Según me transmitiron transeuntes, colindantes e coñecidos, non é de recibo desbrozar our limpar un terreo de forma exclusivamente manual, sen recurrir á maquinaria máis avanzada e ó auxilio dos productos químicos más devastadores. O que eu estaba a facer (limpar as malas herbas cun coitelo e unha fouce) era pouco menos que un insulto ó raciocinio agrario forxado en séculos de constante evolución.

“!Estás tolo filliño!”; “¿Non tes unha desbrozadora?”; “Cando remates bótaslle un pouco herbicida e xa verás que ben queda”; “Para controlar esas herbas o mellor botarlle un veneniño”.

Ó principio pensei que se trataba de comentarios xocosos ou meras interpelacións para entablar conversa. Pero o discurso mantívose constante, case monolítico, adquirindo un tono bastante preocupante ó meu modo de ver. Resulta un tanto decepcionante (dito sea co debido respeto en en termos de estricta defensa) comprobar que no rural galego se siguen normalizando prácticas nocivas para os agroecosistemas e tamén para a saúde das persoas que terían que velar pola súa preservación.

Sin querer irrogarme o papel de voceiro ecoloxista, nin tampoco querer instaurar unha percepción trasnoitada e obsoleta dun agro que vive de costas ó progreso, o emprego prudente dos herbicidas, plaguicidas, etc. está regulado a nivel europeo desde fai xa uns aniños. Forma parte do noso dereito positivo que hai que facer un uso axeitado e responsable deste tipo de productos, recurrindo a mecanismos alternativos sempre que as circunstancias o permitan.

Solo hai que enunciar o título do Real Decreto 1311/2012, de 14 de septiembre, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sostible dos productos fitosanitarios, para percatarse de que a finalidade da norma non é precisamente a promoción dos productos químicos. Todo o contrario. Este instrumento legal (que incorpora a Directiva 2009/128/EC) proclama o uso racional e cauteloso dos tratamentos químicos no agro.

De feito, as técnicas de orixe químico teñen unha aplicación meramente residual, en defecto doutros mecanismos alternativos menos invasivos e perxudiciais (v.g. tratamentos biolóxicos). Nesta mesma dirección, apóstase pola sensibilzación e a formación dos axentes implicados que como se sabe teñen que contar co correspondente carné para poder manexar os debanditos productos fitosanitarios (lamentablemente a visión maioritaria no ámbito agrario non profesional ou semiprofesional que coñezo é que tanto o carné como a capacitación previa son meros trámites ou trabas burocráticas deprovistos de todo utilidade e contido).

Se alguén está interesado en profundizar nas aspiracións desta normativa sectorial, invítoo a que visite a páxina web do ministerio de agricultura adicada os medios de defensa fitosantaria. Entre outros contidos, destaca o denominado PAN (plan de acción nacional) que recolle as actuacións realizadas para a consecución dos obxetivos previstos na mencionada Directiva 2009/128/EC e as normas de transposición. No seguinte enlace pódese consultar o PAN actualmente vixente (2018-2022) e tamén os informes relacionados: Uso sostenible de productos fitosanitarios (mapa.gob.es)

Pola miña banda seguirei a empregar a ferramante rudimentaria que tanto reproche me causou. Recoñezo que, como mero aficionado, xogo coa ventaxa de non estar suxeito a criterios de productividade ou rendabilidade. Pero tamén reclamo respeto polo medio e polos seus habitantes e consumidores. Os riscos non son pequenos. Se alguén ten dúbidas, que poña no buscador de google “glifosato”, que é o nome dun herbicida que ten motivado miles de demandas plantexadas nos EEUU por usuarios que lle atribuen efectos canceríxenos.

Francelos, 29 de setembro do 2021