O mundo dos seguros sempre me chamou moito a atención. Non só como disciplina legal diferenciada, senón tamén como segmento económico sometido ás inescrutables normas actuariais, e incluso como fenómeno antropolóxico de fonda raigame na sociedade do benestar que proclama valores coma a certidume e a previsión.
Desde o preceptivo seguro de responsabilidad civil de vehículos de motor, ata o seguro de fogar, pasando polo lucrativo seguro de decesos ou o (tristemente) cada vez máis común seguro médico. Non hai individuo/empresa que non destine unha considerable partida presupuestaria a facer frente ás recurrentes primas das distintas pólizas que imos comprometendo cos suxeitos que se encargan da súa promoción.
Axentes, intermediarios, corredorías, bancos, e por suposto, familiares ou amigos que se embarcan neste saturado negocio e que recorren a nós intuitivamente para encetar a súa carteira de clientes (existe moita litixiosidad no tocante á extinción dos contratos entre compañías e axentes polo que non descarto escribir algo sobre este tema no futuro).
Para os máis avezados coas novas tecnoloxías, están os famosos comparadores en liña que tamén operan en sectores coma as viaxes ou o aloxamento e que desde un punto de vista legal resultan interesantísimos por todas as implicacións (competencia, propiedade intelectual, etc.) que se derivan do seu rol de intermediarios de internet.
¿Pero qué acontece cando hai un sinistro e o seguro se fai cargo dos danos sufridos polo asegurado? Pois que normalmente entra en xogo a denominada acción subrogatoria do artigo 43 LCS que habilita á compañía aseguradora a accionar contra o causante do dano e recuperar así as sumas abonadas en concepto de indemnización. Dado que este precepto solamente permite exercitar este tipo de acción contra terceiros axenos á persona/entidade asegurada, non é raro que en situacións nas que o tomador do seguro e un ente sen personalidade xurídica (sinaladamente unha comunidade de propietarios), o orixinador dos danos intente eludir a súa responsabilidade cuestionando a lexitimación pasiva para sopotar a demanda.
Este foi precisamente o suposto resolto pola Sala Primeira do Tribunal Supremo antes do parón estival mediante a Sentenza que achego a continuación: https://www.poderjudicial.es/search/AN/openDocument/44b885b475120ec4a0a8778d75e36f0d/20220727
Como é de ver, o responsable dos danos en cuestión, o propietario dunha motocicleta que ardera no garaxe do seu edificio de forma máis ou menos espontánea, provocando danos nas zonas comúns e noutros vehículos alí aparcados, pretendía eludir a súa responabilidade esgrimindo ausencia do requisito da alteridade. Sostiña o demandado (e a compañía que tiña asegurada a moto que comparecía en calidade de codemandada) que, como membro da comunidade de propieatarios asegurada (como se sabe sin personalidade xurídica propia) que contribúe ó pagamento da prima coa parte alícuota que aporta como comuneiro, non era un terceiro axeno ó contrato de seguro senón máis ben parte asegurada carente de lexitimación pasiva para responder da acción entablada contra él (e o seu seguro).
Sen embargo, aspecto fundamental non é a configuración legal da comunidade (que por outra banda goza de fondos propios para afrontar as súas deudas con independencia de que carezca de personalidade xurídica), senón o contido da póliza, especialmente o obxeto asegurado, de sorte que os propietarios resultan asegurados únicamente cando os seus bens privativos forman parte da cobertura do seguro (no presente suposto un seguro multirrisco que incluia os incendios).
E dado que os danos que se reclamaban no procedemento afectaban exclusivamente ás zonas comúns (instalación eléctrica, pintura e forxado dos teitos, porta, etc.) e nada tiñan que ver coa praza de aparcamento privativa do demandado, non é posible calificar a este último como asegurado senón como terceiro responsable susceptible, polo tanto, de responder frente á acción subrogatoria do artigo 43 LCS plantexada contra él pola aseguradora da comunidade de propietarios á que pertence.
Francelos, 1 de setembro de 2022