Categorías
Lei de Montes de Galicia Montes Veciñáis en Man Común

SOMOS MOI DE MONTE

Rezaba un eslogan da Xunta para a prevención de incendios, aínda que en San Caetano favorecen sen rubor o monocultivo do eucalipto. Contradiccións entre a persoa e o persoaxe …

Pero a realidade é que a nós sí nos atrae o monte, e todo o que ten que ver con él, incluida a xurisprudencia do TSX de Galicia sobre a Lei 13/1989, de 10 de outubro, de Montes Veciñáis en Man Común de Galicia (LMVMC) e a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de Montes de Galicia (LM).

Hoxe destacamos un pronunciamento do 14 de novembro de 2023 que repele o recurso de casación plantexado por unha comunidade de montes do concello de Vigo que viu anulado o contrato suscrito cunha sociedade (tamén recurrente) que lle vendera unha serie de parcelas para a ampliación do perímetro da propia comunidade.

Despois de bendecir a lextimación activa (cuestionada ao longo do proceso) dos comuneiros que instaran a nulidade do contrato en cuestión, o TSX ratifica en casación os vicios constatados polo Xulgado de Primeira Instancia de Vigo (e pola Audiencia Provincial de Pontevedra) para decretar a ineficacia do contrato impugnado, esto é, a) a ausencia de autorización administrativa (autoridade forestal competente) para a compra dos predios (artigo 57 LM), e b) a falta de acordo habilitante por parte da asamblea xeral da comunidade que únicamente aprobara unha adquisición xenérica pero sen concretar as condición particulares (artigo 14 LMVMC).

Achego o enlace desta interesante resolución para que poidades lela íntegramente.

https://www.poderjudicial.es/search/AN/openDocument/8a9bee68fb8d9475a0a8778d75e36f0d/20231218

Barcia, a 28 de outubro de 2024