Nun territorio coma o noso caracterizado pola minifundismo máis exacerbado, non é raro que veciños colindantes rematen no Xuzgado para dirimir quén é o dono dun palmo de terreno.
O dereito civil galego, nomeadamente a Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2006/20060629/Anuncio129CE_gl.html procura solucións a certas situacións de veciñanza mediante a regulación de institutos como a gabia, o resío ou a venela.
No marco da constante búsqueda xurisprudencial na que me acho por imperativo da nosa sagrada profesión, esta mañá atopei unha sentencia da Audiencia Provincial de Pontevedra (sede de Vigo) relativamente recente (28 de xaneiro de 2021) que aborda a problemática dos muros de carga en leiras estremeiras situadas a distinto nivel ou socalco (circunstancia por outra banda bastante habitual nalgunhas zonas do noso país).
En concreto, aquí a demandante aspiraba a superar a presunción legal do artigo 75. 1 da Lei de Dereito Civil de Galicia que dispón que (salvo proba en contrario) estos muros forman parte do predio situado no plano superior (o que leva aparexada a obriga de atender as reparacións correspondentes).
A este fin, invocou unha serie de probas e circunstancias que baixo o seu punto de vista indicaban que se trataba dun muro medianil. Entre outros aspectos, destacaba que fora ela a que asumira a reparación do muro, o que interpretaba coma un recoñecemento tácito pola parte demandada de que este elemento era de natureza común.
Desafortunadamente para a actora, a Sala conferiulle máis peso a outras evidencias/indicios coma o testemuño dos propietarios doutros predios veciños, a colocación no muro dun contador eléctrico pola demandada, ou o tenor literal dos títulos de propiedade dos respectivos predios, xa que solamente o do demandado facía alusión expresa ó valado litixioso.
O único consolo para actora foi que non houbo condena en custas por apreciar o Xuzgado serias dúbidas de feito na resolución da contenda. Convídovos a ler a resolución que para deleite dos lectores está dispoñible en galego!! na seguinte ligazón: https://www.poderjudicial.es/search/AN/openDocument/de17ceb5c98b601d/20210415
Francelos, 16 de marzo de 2022